Pequena fauna
do Cantigueiro de Cotobade
Ilustracións de David Carballal
 
Desde o pranto dos namorados ata o humor máis pícaro, a temática das cantigas populares é innumerable: consellos para mozas e mozos, os saberes dos oficios e das tarefas do campo, o culto a santos e virxes, a denuncia social... ou, coma no caso que nos ocupa, a presenza do reino animal na vida das xentes.

Este libro que presentamos ilustra unha vintena de cantigas incluídas no Cantigueiro de Cotobade, recompilado por Antonio Fraguas, nas cales os protagonistas son os animais: os de compaña, como o can ou o gato; os de granxa, como a vaca ou o galo; e os salvaxes, como o raposo ou o moucho. Unha pequena fauna que reflicte as querenzas e temores daqueles que un día cantaron por terras de Cotobade, e que son tamén as de todo o pobo galego.

O libro inclúe unha breve introdución, unha liña biográfica e unha bibliografía seleccionada de Antonio Fraguas Fraguas.
 
A Coruña, decembro 2022
17 x 21 cm | 64 páxinas | Rústica
PVP: 12 euros
ISBN 978-84-09-46671-9
Impreso en papel 100% reciclado

Información e pedidos: achalanaeditorial@gmail.com
siguenos en facebook siguenos en youtube
 

A Chalana Editorial | T 981 205 906 | M 629 841 287 | achalanaeditorial@gmail.com